lunes, 29 de octubre de 2012

SAMAÍN/MAGOSTO

1º.- O día 31 de Outubro, celébrase no cole o SAMAÍN. A tal fin, decoramos a casa da ANPA de acordo coa situación; para expoñer no baixo da mesma os calacús que poderedes traer a partir do luns 29 de Outubro (pregase non traelas antes do luns). Para que podades ollar o traballo que estamos realizando para que os nen@s pasen un bo rato, o propio día 31 de Outubro, estaremos na vivenda a partir das 8:45 h. e os pais que o desexen poidan visitarnos e ve-lo decorado. PAGA A PENA! 

2º.- Para o día 9 de Novembro, imos celebrar no cole un Magosto. Traeremos un tren para asar as castañas e para despois darllas aos nen@s, polo que lles pregariamos a todos os pais que trouxesen da casa un puñado de castañas xa beliscadas que poderán depositar nunhas caixas que poremos á entrada da vivenda da ANPA a partires do día 2 de Novembro. 

3º.- Nestas dúas actividades puxemos e poremos todos os nosos azos e imaxinación sen apenas custo económico; polo que pregariamos a colaboración de todos para que os eventos saían o mellor posible. Entendemos que para que se poidan facer eventos abertos para todos os alumnos, estes deberían ser socios desta entidade, e dende aquí animamos aos poucos que faltan por ingresar na mesma. 

4º.- Para que se teña información continuada das actividades, eventos, problemáticas xerais, etc... relacionadas co centro, porase un taboleiro de anuncios na cristaleira do baixo vivenda que conseguimos que se destine para o ANPA 

PD.: O día do Magosto quen queira probar as castañas asadas que veña un pouco antes e xa nos encargaremos de que haxa un puñado delas para todos. En canto ás obras, estamos enriba deles para que fiquen o mellor posible e causen as menores molestias tanto a pais como a alumnos. 
UN SAÚDO!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario